De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

Cargando eventos

☉Mostra ‘Xavier a través de min’ (work-in-progress)

☉Venres 22 de marzo de 2024 | 19:00h | Entrada de balde

☉Sala de exposicións de NORMAL (A Coruña)


 

Sinopse:

“Xavier a través de min” é un proxecto de artes vivas de corte autobiográfico co que quero traer ao presente o legado inmaterial que o meu irmán, Xavier Fernández, me deixou en vida, e deixar ao descuberto todo o sedimento da vida do meu irmán en min. As principais ferramentas para vehicular este contido tan emocional son a danza, o espazo sonoro-musical, a voz, o texto e a instalación, que mesturadas proporciónannos unha experiencia vivencial moi próxima a un lugar de intimidade case confesional, onde atoparemos un espazo de liberación enerxético pouco habitual e no que poderemos ver o reflexo das nosas vidas. Xavier Fernández traballou ata a morte en relación á Consciencia, era psicólogo, criminólogo, investigador e psiconauta, profesor de ioga, de meditación, e tamén guía en procesos de procura interior.

Bios:

Xavier Fernández Fernández

(Viveiro, Lugo 1972 – Santiago de Compostela 2011)

Xavier Fernández, licenciado en Psicoloxía e Criminoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, dedicou os últimos 15 anos da súa vida á exploración da conciencia humana, seguindo os fundamentos da psicoloxía transpersonal. Traballou como psicoterapeuta na Amazonía Brasileira e en Barcelona, onde colaborou en investigacións sobre os rituais amazónicos e os seus potenciais curativos. Ademais, dirixiu os seus propios centros de crecemento humano NEVE e MUIÑO CÓSMICO, e participou en publicacións como “Ulises e Saber Alternativo”. Coautor do libro “The Therapeutic use of Ayahuasca”, mostraba un forte interese pola Xeración Beat, a ciencia ficción e a poesía, deixando escritas e sen publicar unha novela e unha gran cantidade de poesías. A súa paixón pola música, desde a vangarda á tradicional, tamén se reflictía nas sesións que deseñaba para as súas prácticas de introspección.

 

Félix Fernández Fernández

(Viveiro, Lugo 1977)

Félix Fernández é un artista interdisciplinar, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Formouse en danza contemporánea e performance con recoñecidos artistas como Marina Abramóvic, Johannes Deimling, Elena Córdoba, entre outros. O seu traballo céntrase nunha profunda investigación de contidos, adaptando a forma para reforzar a mensaxe e buscando unha comunicación empática co espectador. Aborda temas sociais, políticos, tecnolóxicos e medioambientais, utilizando o arte como ferramenta para reflexionar sobre a sociedade contemporánea. A súa práctica artística abarca a performance, a danza contemporánea, a música electrónica, o vídeo e a instalación. Expuxo en numerosos espazos culturais e festivais internacionais, coma o CCCB de Barcelona, o Instituto Cervantes de Tokio, o CGAC de Santiago de Compostela, os Festivales Escenas do Cambio, Festival TRC Danza, Corpo a Terra, e TNT de Terrassa, Matadero Madrid, La Casa Encendida, Teatro Principal de Santiago de Compostela, CCA Center of Contemporary art of Tel Aviv, GrimmMuseum de Berlin, entre outros. Tamén recibiu recoñecementos como a Beca Gas Natural Fenosa e o Premio Festival Canarias Mediafest, entre outros.

https://www.felixfernandez.org/

 

Vídeos: 

ENTREVISTA a Félix Fernández sobre ‘Xavier a través de min’ //

TEASER de ‘Xavier a través de min’  //

 


 

** Esta actividade está organizada por De Corpos Presentes @decorpospresentes e conta co apoio da Deputación da Coruña @DACCultura a través das axudas a proxectos singulares de especial interese cultural.  

 

Comparte isto nas túas redes sociais!

Go to Top