☉XOVES 21 MARZO | 18:30 a 20:30h
☉De balde con inscrición previa en: cultura.coruna@udc.gal
☉Aula de Danza – NORMAL (A Coruña)
Práctica de materiais para a composición instantánea (ou como facer da capa un saio improvisado). – Con Elsa Pereira.
“Para esta práctica farei unha proposta indecente: quixera compartir unha serie de códigos sobre os que investigo e que me inspiran á hora de improvisar, de arrincarme a bailar. Propoño unha actitude explorativa e unha serie de accións que nos ampararán cando improvisamos sen unha estrutura programada. Imos experimentar dende o xogo e activar o corpo a un espazo ‘deslimitado’, ou abrir as persianas á mirada externa. Como cando soa esa canción que de súpeto nos activa, imos guindarnos á danza.”
—
Elsa Pereira. Bailo, coido das miñas prantas e investigo sobre as artes do movemento. Formeime principalmente em Santiago e no Porto onde realicei o (FAICC) Programa de formación avanzada en interpretación e creación contemporánea. Desenvolvo un proxecto de Danza em espazos non convencionais para reactivar miradas e patamares aparentemente marcianos. Con Fonsi Millán creamos o Colectivo Cru, proposta que aposta pola imporvisación como motor de composición e que está a camiñar por espazos non convencionais e festivais feitos con moito amor. Imparto aulas de danza de xeito regular, propoño os obradoiros “Dance&Draw” (movemento e debuxo) e “Site specific” (corpo-espazo) e derivas para mapear territorios urbanos turistificados co obxetivo de crear camiños do desexo propios.
—
** Esta actividade está organizada por De Corpos Presentes @decorpospresentes e conta co apoio da Deputación da Coruña @DACCultura a través das axudas a proxectos singulares de especial interese cultural. Coa colaboración de NORMAL Espazo de Intervención Cultural da UDC @istoenormal.