De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

Cargando eventos

☉Xoves 28 marzo 2024, 20:00h – Performance + Encontro

ACÉFALA (Av. Hércules, 73, 15002) – A Coruña


A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas /fragmento/ é unha performance que nace como unha deriva, un desvío no camiño. 

“Durante o proceso de investigación para crear o espectáculo ‘A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas’ entrevistei varias veces a miña nai, que compartiu cidade e xeración coa poeta Xela Arias, figura sobre a que xira o proxecto. Nestas conversas apareceu repetidamente o clima de inestabilidade, tensión e perda que viviu a súa xeración durante os anos 80. Esta performance é un ritual dedicado a ela e ao dó que atravesou a toda a súa xeración.”

María de las Llanderas (Nigrán, 1990)

Actriz, performer e creadora escénica, traballa principalmente no eido do teatro e as artes do movemento. É titulada pola ESAD- Galicia en Interpretación Xestual e mestra en Artes Performativas pola Escola Superior de Teatro e Cinema de Lisboa. Foi bolseira na Janáček Academy of Music and Performing Arts en Brno (República Checa) e no teatro Ģertrūdes ielas en Riga (Letonia).

Alén de crear os seus propios proxectos, colabora con outras artistas en Riga, Lisboa e Galicia. Traballou para o CDG baixo a dirección da compañía Pálido Domingo (Serva me Servabo te, 2021) e Marta Pazos (As oito da tarde cando morren as nais, 2022). No 2021 recibe unha Residencia Paraíso para desenvolver o seu primeiro espectáculo unipersoal para salas A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas (Ciclo LED, 2023). Xunto a David Alonso forma a compañía Souvenir coa que estrea a peza curta O que é o raio, nin maldita idea (Espazo Ágora, 2022) – galardoada co I Premio Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal- e o espectáculo Non é unha canción (Teatro Rosalía Castro, 2024).

 

 

** Esta actividade de De Corpos Presentes conta co apoio da Deputación da Coruña a través das axudas a proxectos singulares de especial interese cultural 2023 

Comparte isto nas túas redes sociais!

Go to Top