En 2019, De corpos presentes contou con 5 actividades públicas –entre performances, obradoiros, coloquios e encontros–, que tiveron lugar en Normal, o espazo de intervención cultural da UDC na Coruña. Neste programa foron convidadas a participar un total de 6 artistas –3 artistas de Galicia e 3 artistas de fóra–. Participaron no programa arredor de 87 persoas, de distintos perfís e idades.
Os principais focos da programación de 2019 foron:
1) A cuestión da memoria e o arquivo en relación cas artes performativas contemporáneas en Galicia;
2) A exploración das “performatividades institucionais” e como as artes do corpo procuran e transforman as lóxicas de convivencia;
3) O intercambio artístico e profesional con Portugal.