Esta conferencia de Maite Garbayo Maeztu deriva do seu ensaio no que, baixo o mesmo título, reflexiona sobre algunhas das primeiras performances que se fixeron nos anos setenta no Estado español e as ocupacións das rúas por parte do activismo feminista. Frente ao ideal de presenza e transparencia de significados herdado da modernidade liberal, artistas como Dorothée Selz, Fina Miralles e Olga L. Pijoan puxeron en marcha veladuras, ocultacións e trocos que nos convidan a ir máis aló da visualidade.
Maite Garbayo Maeztu (Pamplona, 1980) é profesora Serra-Húnter no Departamento de Historia da arte da Universidade de Barcelona e Directora Académica do Máster en Prácticas Artísticas e Estudos Culturais: corpo, afectos territorio (UPNA, UPV e CACH). Doutora en Investigación e Creación en Arte pola Universidade do País Vasco e Mestra en Historia da arte pola Universidade Nacional Autónoma de México. Anteriormente ocupou unha praza de Académica no Departamento de Arte da Universidade Iberoamericana (México), e foi Investigadora Postdoctoral no Instituto de Investigacións Estéticas da UNAM. En 2016 publicou o seu primeiro libro, Corpos que aparecen, performance e feminismos no tardofranquismo (consonni, 2ª edición 2019). Ten publicado numerosos artigos e capítulos de libro, e comisariado diversas exposicións. As súas principais liñas de investigación son a arte contemporánea e os feminismos no estado español e en Latinoamérica, e os estudos de performance.