De Corpos Presentes es una plataforma cultural fundada en 2018 por Sabela Mendoza. Traballamos desde Galicia no marco das artes performativas, un campo cunha comunidade artística moi fértil e activa, tanto no plano creativo e de creación de coñecemento sobre o noso presente, como na súa capacidade mediadora e dinamizadora a nivel social.
De corpos presentes hace alusión a los cuerpos de hoy y a su estar juntos en nuestros tiempos, habitados e por habitar. Fai alusión, por unha banda, á materia mesma das artes performativas: o corpo como material poético. A súa expresión en plural (corpos) atende á noción de comunidade e/o de multitude, ao redor da cal viran moitas das creacións contemporáneas. Refire tamén ao diálogo que estes corpos establecen co noso tempo, o presente, e as súas múltiples formas posibles: os nosos presentes. Un diálogo que os corpos xeran a través do seu propio estar (estar presentes) e da súa acción nun espazo e un tempo compartidos. O diálogo e a intelixencia da súa performatividade.
**
Como plataforma EDITORIAL > Publicamos libros na intersección entre arte, corpo e pensamento. Podes encontrar e adquirir os nosos libros a través da nosa web, e tamén nas seguintes librarías e puntos de venda:
< A Coruña >
- BERBIRIANA (Rúa Santiago, 7, 15001 A Coruña) @berbiriana
- LIBRERÍA FORMATOS (Rúa Santiago Rey Fernández Latorre, 5, 15006 A Coruña) @libreriaformatos
- MOITO CONTO (Rúa San Andrés, 35, 15003 A Coruña) @moito conto
< Madrid >
- CERVANTES Y COMPAÑÍA (Calle Pez, 27, 28004 Madrid) @cervantesycia_libreria
< Ourense >
LIBRERÍA EIXO (Rúa Cardenal Quevedo, 36, 32004 Ourense) @libreriaeixo
< Santiago de Compostela >
- NUMAX (Rúa de Concepción Arenal, 9, 15702 Santiago de Compostela) @numaxcoop
- LIBRARÍA DO CGAC (R. de Ramón del Valle-Inclán, 2, 15703 Santiago de Compostela) @cgacsantiago
< Vigo >
- LIBROURO (Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo) @librerialibrouro
- LIBRERÍA CARTABÓN (Rúa de Urzaiz, 125, Lavadores, 36205 Vigo)
- VERSUS LIBRERÍA (Rúa de Venezuela, 80, Santiago de Vigo, 36204 Vigo) @versuslibreria
< Zaragoza >
- GALERÍA LIBRERÍA LA CASA AMARILLA (Paseo de Sagasta 72, local 3, 50006, Zaragoza) @galerialacasamarilla
**
Como plataforma PRODUCTORA > Desde 2018 colaboramos con preto de 50 artistas para o desenvolvemento de decenas de actividades públicas (performances, obradoiros, conferencias, proxeccións, intervencións urbanas…) e para a produción de contidos (publicacións, pezas audiovisuais, podcasts). Colaboraron connosco: CGAC, Museo do Pobo Galego, Fundación Luís Seoane, Fundación María José Jove, Normal Espazo de Intervención Cultural dá UDC, Centro Ágora, Laboratorio Escénico Coop, Emprendo Danza, asociación Sen Ánimo de Nome, Festival 10 Sentidos.
**
De Corpos Presentes contou co apoio de: Deputación da Coruña, Agadic-Xunta de Galicia, Ministerio de Cultura.