De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

Cargando Eventos

N+ ESTELA DE MOVIMIENTO

所作のあと 《shyo-sa no ato


De costas, fronte a un espazo baleiro.
A tristeza está sempre ao outro lado da nosa felicidade.

Como se di popularmente en Xapón, “Jin-sei yama ari tani ari. – Na vida hai montañas e vales”: estas palabras fan referencia a que cando estamos arriba, no alto da montaña, hai que ser humildes fronte ao abismo, e cando estamos no máis baixo do val, non debemos perder a esperanza pois o que resta do camiño levaranos ao o máis alto. No titulo desta performance, «N+», a letra N, fai referencia, na súa forma, á montaña e o val de “Jin-sei yama ari tani ari.”

Esta alternación na que a vida transcorre, está referenciada tamén nos ensinos de Buda, «Rin-ne». Segundo Buda, na reencarnación, o movemento físico, oral e mental abarca a vida e os momentos repetidos da morte e o renacer. Este tres movementos; físico, oral e mental chámanse «Shyo-sa» en Budismo.
Doutra banda, tanto no teatro tradicional, como na cultura da cerimonia de té «Shyo-sa» significa “comportamento” e “acción”.

Polo tanto, «Shyo-sa non ato», no título, transcríbese como «Ronsel de movemento».
Ao pensar no meu traballo, nos movementos e en como trazalos, imaxinaba a forma invisible que debuxa a vida. Esa espiral de círculos Rin-ne tridimensional que pasa unha e outra vez polo mesmo cerco pero sempre distinto niveis, creando esas lineas forma orgánica ás que fai referencia Tony Cragg nas súas esculturas.

N+ é tamén unha reflexión acerca das persoas, que enfrontadas coas súas tristuras e dificultades, necesitan atopar a vontade e a forza, como unha luz de esperanza. Un reflexo contemporáneo da identidade dos artistas e o seu camiño vital, na busca do Rin-ne, a través das súas creacións.

As lineas debuxadas ao redor do meu corpo, a través do movemento. Os impulsos das miñas emocións e a alma do meu corpo. Un ronsel no aire, nado desde o meu interior e transformado polo meu corpo para ser compartido co público.
Un «Ronsel de movemento» en busca do seu poema/manifesto; «+».

Os movementos físicos propios da miña identidade xaponesa, mesturados coas miñas vivencias na Europa, as investigacións de danza e corpo e as miñas experiencias de traballo actoral e performativo, son a base e a dirección do meu traballo, tomando tamén como referencia os traballos de Joan Jonas, Trisha Brown ou Caroline Denervaud.

N+, Ronsel de movemento será, como diría Xaques Derrida, «Un trazo indeleble non é un trazo». Un ronsel efémero.

Fotos: Manuel G. Vicente

Compártelo en tus redes sociales!

Ir a Arriba