SORA. Un xogo de cartas de Masako Hattori e Helena Salgueiro
SORA
16,00€
Dispoñible para reserva
Dispoñible para reserva
Descrición
—
Un xogo de cartas de Masako Hattori e Helena Salgueiro
“O que tes entre as mans ou diante do ollar é un xogo de cartas. A baralla está disposta (cartas-poemas, cartascorpo, cartas-ensaio, cartas-citas, cartas-paisaxe…). No xogo da escritura performativa, as dúas autoras botamos as cartas no papel en branco ao azar, no intre que queiramos, dende o lugar que queiramos. Hai momentos do xogo, chamados composicións a catro mans, nos que botamos as cartas en tempo real, pero a distancia. En ocasións, con miles de quilómetros entre nós, unha na Galiza, a outra no Xapón. Desfruta do xogo.”
—
Masako Hattori. Nada en Xapón é Licenciada en Artes plásticas polo Colexio Universitario de Kyoto e Licenciada na Escola Superior de Arte de Aix-en-Provence, Francia, nas especialidades de Vídeo-Arte, Debuxo, Son e Performance. Despois de traballar en Xapón como deseñadora gráfica e profesora adxunta no Colexio Universitario de Arte e Deseño de Kyoto, trasládase a Francia para ampliar os seus estudos de Belas Artes onde se especializa na performance, da man de Jean-Paul Thibeau, Cristope Haleb e outros artistas e bailaríns. Na actualidade, ademais das súas instalacións e proxeccións en festivais, colabora con compañías de teatro e danza en Portugal, Bélxica, Francia e España, para as que realiza creación, performance e vídeo-escenográfico. Crea a súa propia compañía de arte escénico multidisciplinar, KOKOHARUKA en 2017 en Santiago de Compostela.
—
Helena Salgueiro, nada no 1995/ performer, directora escénica, poeta, dramaturga e investigadora/ vive na Galiza. A súa paixón pola intermedialidade lévaa a estudar literatura e linguística, teoría e crítica literarias, danza, dramaturxia, música e violín, teatro físico en universidades, escolas de danza, estadías e cursos de companhías de teatro entre Galiza, Francia, Escocia, Dinamarca, Polonia. O seu traballo focalízase na performatividade do corpo a través do movemento e a linguaxe, flutuando entre creacións máis escénicas, escritura e performance ou arte visual. Ten amosado os seus proxectos artísticos en Galiza, Portugal, Suecia, Reino Unido e Arabia Saudí. Coa súa propia companhía, que ve a luz en 2022 e na que dirixe e actúa, ofrece producións escénicas, resultando nunha mestura de danza, performance, arte contemporáneo, poesía e teatro físico. Salgueiro tamén dirixe obras de teatro para outras organizacións, performa en solitario ou colabora internacionalmente con arquitectas, desenhadoras, artesás, artistas, directoras de cine, investigadoras, etc.
(*) O ebook SORA conta coa produción executiva de Batbox e distribución a cargo de ePUBoo.
(*) O seu desenvolvemento foi posible grazas a unha subvención á aceleración cultural no ámbito ds artes escénicas da Xunta de Galicia, financiada a través dos Fondos NextGenerationEU e o Mecanismo de Recuperación y Resiliencia – PRTR Ministerio de Cultura – Gobierno de España.
Información adicional
Peso | 230 g |
---|---|
Dimensións | 105 × 190 cm |
Ficha técnica | Páxinas: 172 Título orixinal: SORA Primeira edición: outubro de 2024 © Dos textos: Masako Hattori, Helena Salgueiro Deseño e maquetación: Masako Hattori ISBN: 978-84-128895-2-9 Esta publicación contou cunha axuda de aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Axencia Galega das Industrias Culturais. Proxecto financiado con cargo aos Fondos da UE e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. |