una otra poética por venir
ani(a)mal
18,00€
Descrición
Se es escritura
ani(a)mal. una otra poética por venir é o primeiro libro publicado dunha poesía que leva anos sendo, reinventando xeografías atlánticas por vir. Poemas que acontecen nas citas, os afectos, o accidente, o oco na paisaxe, o insoportable, a satisfacción, o corpo atravesado; que sosteñen o desexo e a forza de traballo. Do que se abre para ser a tempo, escarbar a orixe aberta e visionar o futuro atrás. Tocar o peche. Soster a invitación. Non aceptar máis interrupción que o pálpito. O ensaio do ardor, a tarefa crítica e o exercicio da escritura como un método amoroso e directo que conxura para tocalo todo, para embarcar américa.
—
Ania González (Vigo, 1977) Licenciada en Dereito, Máster en Avogacía e Especialista en Estudos Museísticos polo Programa de Estudos Independentes do MACBA. Compaxina a escritura poética co exercicio da avogacía no ámbito do Dereito da Cultura, coa crítica cultural escrita e a participación en colectivos e proxectos artísticos de acción en pos dunha contribución activa á redacción continua dun mellor contrato social.
—
❦ [ Ler as primeiras páxinas ]
—
Información adicional
Peso | 280 g |
---|---|
Dimensións | 13 × 21 cm |
Ficha técnica | Título original: ani(a)mal. Una otra poética por venir Primera edición: junio de 2024 © De los textos, Ania González © De las imágenes, Ania González © De esta edición: De Corpos Presentes, 2024 Dirección editorial: Sabela Mendoza ISBN: 978-84-128895-1-2 Esta publicación ha contado con una ayuda para la modernización e innovación de las industrias culturales y creativas del Ministerio de Cultura, Gobierno de España |