De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De Corpos Presentes
Cargando eventos

☉Xoves 29 febreiro 2024, 20:00h – Performance + Encontro

ACÉFALA (Av. Hércules, 73, 15002) – A Coruña


 

Sinte é unha performance coa música como catalizador, a palabra como xogo e o baile como liberación. Sinte é unha viaxe desde a miña fraxilidade para desarmar as corazas coas que nos movemos polo mundo e celebrar que todas somos seres sensibles vibrando en frecuencias diversas. A miña paixón é relatar o meu conflito co mundo desde o mínimo, o máis singular e persoal, intentando inducir estados de ánimo colectivos a través da música electrónica.

Cristina Balboa (Cambados). Creadora galega que ten como motor a presentación escénica do absurdo cotián na procura dun diálogo xeracional onde na súa proposta artística se mesturan palabras, acción, danza, audiovisuais e música. Investiga a posibilidade de transformación social e persoal que ten a arte cruzando a súa obra con elementos narrativos que oscilan entre a ironía, o humor, o hedonismo ou mesmo a desesperación. A base da súa escrita é o autorretrato e a autoficción como formas comunicativas que buscan xerar un sentimento de identificación co espectador para reflexionar sobre a vida dende a vida cotiá, situando o seu corpo e a súa experiencia como centro da dúbida sobre o que somos. As súas últimas creacións da súa Compañía. Funboa Escénica son Technocracia (2020), O que segue (2019) e Masa madre + Sal marina (2018). No 2023  realizou unha Residencia Dramática no CDN para a creación do texto do seu novo proxecto Roland mon amour.

 


** Esta actividade de De Corpos Presentes conta co apoio da Deputación da Coruña a través das axudas a proxectos singulares de especial interese cultural 2023 

Comparte isto nas túas redes sociais!

Go to Top