De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

Cargando eventos

Proxección e coloquio do documental ‘o punto impropio’

Con Javier Martín (coreógrafo e investigador), Leo López (fotógrafo e videógrafo) e Sabela Mendoza (produtora cultural). 

 

Xoves 25 de maio ás 20:00h 

Domus  (A Coruña) – Sala Leonardo da Vinci

Duración: 41 minutos + coloquio

** Esta actividade de De Corpos Presentes @decorpospresentes conta co apoio da Deputación da Coruña @DACCultura a través das axudas a proxectos singulares de especial interese cultural.

 

Unha película sobre o proceso de creación da coreografía ‘o punto impropio A/S/V/’, de Javier Martín, estreada en marzo de 2023 no Teatro Miguel Covarrubias de Cidade de México e que introduce na escena diversas tecnoloxías para pensar o corpo e afinar a percepción cinestésica. O documental recolle apuntamentos visuais, corporais, poéticos e sonoros do traballo de investigación desenvolvido para o espectáculo e acompaña ao equipo nas súas buscas ao longo dun ano. 

O espectáculo, que leva o mesmo título ‘o punto impropio A/S/V’, elabora movemento, son e imaxe en tempo real: unha sorte de rexistro e composición auditiva [A], somática [S] e visual [V] que, en exercicio resonante, activa e resignifica a coreografía. A obra propón a entrada a un laboratorio no que a percepción do corpo se distorsiona e afina á vez, suxerindo novas sensibilidades. Unha experiencia que cuestiona o eu percibido, a identidade construída en base a proxeccións comunmente asumidas, empregando distintas tecnoloxías na escena como modo para elaborar o animal que somos. Un desprazamento cara a outras posibles versións: canto de nós nos é alleo? que é o verdadeiramente propio e onde o atopamos? Instalación visual, ciencia expandida e performatividad. Concerto, coreografía e live cinema.

A creación de ‘O punto impropio’ iniciouse a partir da investigación de texturas e o rexistro de sons do corpo nunha cámara anecoica (no centro Attlantic da Universidade de Vigo). E continuou o seu percorrido co apoio de diversas residencias ao longo dun ano en Etopía Centro de Arte y Tecnología (Zaragoza), L’animal a l’esquena (Celrà, Girona), Guelra-Gnration (Braga, Portugal) e A Casa Vella (Amiadoso, Galicia). O espectáculo estreouse en marzo de 2023 na Sala Miguel Covarrubias de Danza UNAM (Cidade de Mexico). 

 

Créditos: 

  • o punto impropio | documental (41 minutos)
  • dirección: Javier Martín
  • montaxe e edición: Leo López
  • son: Adolfo García
  • acompañamento: Sabela Mendoza 
  • produción: De Corpos Presentes. Co financiamento de: INAEM, Ministerio de Cultura y Deporte- a través de los fondos del Mecanismo de Recuperación y Resiliencia de la Unión Europea – #NextGenerationEU

 

Máis información: 

http://javiermartin.gal/

Comparte isto nas túas redes sociais!

Go to Top