OUTRO VIRTUOSISMO POSIBLE, de Annika Pannitto
Performance de danza + conversa co público
-
Venres, 25 de marzo de 2022, ás 19:30h (duración 1 hora)
-
Hall do Centro Ágora, A Coruña (Lugar da Gramela, 17, 15010).
-
Entrada libre
“Imaxino esta danza coomo un espazo común que emerxe a partires dunhas poucas regras sinxelas. Un encontro, un xogo de miradas, estar xuntas por un tempo limitado.
Danzo a partir dunhas pautas que son máis un pretexto para dialogar por medio da práctica e compartir algúns pensamentos co público.
Un lugar de calma e atención para compartir tempo. Unha invitación a entrar e saír, a estar e non estar, segundo cada quen desexe.

* Esta actividade está organizada pola plataforma De corpos presentes, grazas ao apoio da asociación Emprendo Danza a través do seu proxecto Emprendo en Red, que fai posible a visita de Annika Pannitto á cidade da Coruña.