O PÚBLICO ESTÁ AQUÍ.
por Sabela Mendoza
conferencia performativa + presentación de libro
Venres, 28 de decembro de 2018, 20h
Auditorio da Fundación Luis Seoane
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 50 min
“Non coñezo este lugar, por iso regreso a miúdo.” O público está aquí, deixaron de ser esas persoas para seren espectadoras. Son “o outro” para a escena, para a artista, ou son “as outras” para si mesmas? A súa función na obra, a función do público, é tamén esta representación. O lugar do público é un espazo baleiro, unha función espazo-tempo neutralizada, unha bisagra onde se desdobran os sentidos. Pero o público cóntase en cifras, quéreselle atraer e fidelizar, ten un día especial, é obxecto de estudos, estratexias e desexos, defínese a súa participación… e tamén se debuxa o espazo da súa experiencia: aquí. “A danza é o presente máis intenso que coñezo.”
O público está aquí é un traballo de investigación teórica e de escritura, e ao mesmo tempo unha conferencia performativa, sobre o espazo que ocupa o espectador nas artes vivas contemporáneas, as pautas que guían a súa participación e os xestos e accións que determinan a mirada. Partindo dun relato a modo de conferencia, a peza tórnase acción incorporando fragmentos de danza e elementos escénicos asociados á construcción da participación democrática, que aparecen descontextualizados, na procura dunha resignificación. Xira arredor das preguntas: cara onde estamos mirando? aínda podo ver? E se inspira naquelas producións artísticas actuais que non podemos ver porque foron interrumpidas ou forzadas, propoñendo un exercicio de desvío da mirada a partir dun diálogo fortuito ca coreógrafa siria Mey Seifan .