De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

Cargando eventos

Conferencia-Freak en formato desbordado ao redor da lectura escénica dos corpos sexuados. Bastardía disciplinar, investigación desleal situada na mestura, na busca de carroña metodolóxica e na incoherencia corporal.

Esta idea xorde da necesidade de tradución a linguaxe escénica do proxecto de investigación académica: Sexualidades Des-Xeneradas, que se centra no estudo da práctica escénica que cuestionan o binomio de xénero e o mandato da heteronormatividade, amosando sexualidades habitualmente relegadas do discurso escénico.

Metodoloxías Carroñeras é un traballo en proceso do colectivo vacaburra, onde colisionan dous corpos invertidos cunha longa traxectoria atravesada polo movemento, as artes escénicas e a investigación teórica. Un proxecto de Gena Baamonde ·mullerona· acompañada por Andrea Quintana ·la variopinta·.


Gena Baamonde, mullerona
Creadora, directora, investigadora e intérprete cunha ampla traxectoria artística no eido da práctica escénica e a creación contemporánea. Interesada nas prácticas artísticas bastardas e nos cuestionamentos da tríada sexo-xénero-sexualidade que atravesan os corpos. Formada en artes escénicas, movemento e dramaturxia, así mesmo ten formación en igualdade,  xénero e diversidade sexual. Está a desenvolver a súa tese de doutoramento, Sexualidades des-xeneradas na práctica escénica contemporánea. Entre os seus últimos proxectos escénicos, destaca a dramaturxia e dirección do espectáculo Elisa e Marcela para A Panadaría Teatro, traballo que recibiu, entre outros, o Premio María Casares á Mellor Dirección e Mellor Texto Orixinal, o Premio Luísa Villalta de Igualdade e o XIV Premio LGBT do colectivo ALAS. Dirixiu o espectáculo Neorretranca e Posmorriña para o Centro Dramático Galego, acaba de participar na co-dramaturxia e co-dirección no proxecto O raro é que bailar sexa raro, creación de Andrea Quintana e está a desenvolver o proxecto Metodoloxías Carroñeras para corpos invertidos co colectivo Vacaburra.
Andrea Quintana
(1985) artista variopinta de orixe Galaicosalvaxe fórmase en diversas técnicas das artes do movemento ao longo da península e no estranxeiro. Na súa traxectoria como intérprete traballa en compañías de carácter nacional e internacional e choca en diversos proxectos de co-creación con artistas de carácter multidiciplinar. Estuda Belas Artes en Bruxelas e Ilustración en San Telmo (Málaga). Nos últimos anos impulsa o proxecto nómade de A Boa Aventura baseado na formación e o encontro de diversas artes. Como intérprete traballou para Daniel Abreu, Jose Reches, Carmen Werner, Cia.Arrieritos, Cia.Ertza, Cia.PisandoOvos, Cia.CieloRaso, Pablo Esbert, Cia.Malqueridas, ou Tigre Monster Rave de Alberto Cortés. Os seus proxectos artísticos visitaron festivais como o EMPAPE, MOV_S, Cádiz en Danza, Seis Cordas Dies de Dansa ou Costa Contemporánea.

Luns 21 de decembro, 20h

Lugar: Cubo de NORMAL (Paseo de Ronda, 47, 15011 A Coruña)

Horario: 20:00 horas

Inscrición: Aforo limitado. A asistencia presencial deberá ser confirmada enchendo o seguinte FORMULARIO.


 

Comparte isto nas túas redes sociais!

Title

Go to Top