De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

Cargando eventos

EVERLASTING SOFTNESS
Performance con TWINS EXPERIMENT
13. XUÑO. 2019
20:00 | 21:00 HORAS
ALMACÉN | NORMAL

everlasting softness é o terceiro traballo de Twins Experiment (Ainhoa Hernández e Laura Ramírez), no que se quere propiciar un espazo brando para exercitar a escoita da materia e a súa axencia. Un espazo sensorial ficcionado onde todos os corpos teñan a mesma importancia e a materia sirva como materialización da terceira cousa que se produce entre dous.

A práctica que Twins Experiment está desenvolvendo implica os seus corpos e a súa relación con materiais brandos. A singularidade dos materiais escollidos mantén unha estreita relación con algúns conceptos centrais no seu traballo como colectivo: porosidade, flexibilidade, afectación e mutabilidade; así como con algunhas características da sociedade actual na que as nosas vidas presentan unha condición líquida, é dicir, non manteñen por moito tempo a mesma forma. Colócanse diferentes preguntas: como haberá de moverse o noso corpo para ser acompañado pola materia?, cómo respetar as singularidades de cada corpo?, como é este ecosistema que se está a xerar?

https://twinsexperiment.com/

Ainhoa e Laura. Madrileñas. Xemelgas. Separadas ao nacer, reencontrámonos en 2014. Xuntas somos Twins Experiment. Xuntas facemos playlists, listas, esquemas, collages, pegatinas, clubes, pezas. Tamén bailamos, dormimos, ideamos xogos e, ás veces, compartimos piso. Twins somos dúas e somos colectivo. Traballamos dende a afectividade, a telepatía e a horizontalidade. Ser Twins permítenos tomar riscos que non tomariamos soas, xuntas convertémonos en superheroes.


Organiza: DE CORPOS PRESENTES
Colabora: NORMAL
Co apoio de: CONCELLO DA CORUÑA

Comparte isto nas túas redes sociais!

Title

Go to Top