De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

Cargando eventos

XOVES 29 FEB  | 17:00 a 18:30h

De balde con inscrición previa en: cultura.coruna@udc.gal

Sala Almacén – NORMAL (A Coruña)

 


Este encontro ‘Abrir o círculo’ ten como artista convidada a Alejandra Balboa, creadora e bailarina galega, que compartirá as derivas de “Cando lle permito ao corpo aquilo que digo”, un proxecto de investigación artística sobre o sentido do gusto e o concepto degustación tanto no ámbito da creación artística como na propia linguaxe de movemento, explorando a boca como lugar desde o que florecer.  Buscamos achegarnos ao traballo artístico desde un espazo para a conversa cercana e fluida. Un encontro previo á presentación da mostra “Cando lle permito ao corpo aquilo que digo” que terá lugar o venres 1 de marzo ás 19:30h na NORMAL con Alejandra Balboa no movemento e Pavel Amilcar no violín barroco. 

ALEJANDRA BALBOA @alejandrabalboa_ é unha creadora, intérprete e pedagoga en danza graduada pola Escola Superior de Dança de Lisboa en 2015. En 2016 comeza a explorar o mundo da creación. Co seu traballo formou parte de programas como Labo XL, Ciudad Real en Danza, Abril en Danza, Festival Eima, Festival Corpo (a) Terra, Danza no Claustro, internacionais como Danza Excelsior en Siena e o Festival “Entrelaçados” en Portugal, entre outros. Desde unha perspectiva colaborativa, traballou como cocreadora con Teresa Manjua en Portugal; acompañou procesos de artistas como Nuria Sotelo e Eva Comesaña; traballou en producións de teatro dirixidas por Alejandro Durán en Rumania; colaborou en laboratorios con artistas como Jauma Manresa e Rodrigo García; colaborou con festivais como Abanea e o Festival Eima e con plataformas como Cara Unha Escena Plural. É intérprete das compañías Furia Sotelo, Mariantonia Oliver e Babirusa Danza.


 

Dirixido a: persoas interesadas nos procesos artísticos contemporáneos: artistas e traballadoras culturais, estudantes de artes, profesionais doutras disciplinas con intereses vencellados, ou persoas interesadas ou curiosas nas dinámicas de creación.

 

** Esta actividade está organizada por De Corpos Presentes @decorpospresentes e conta co apoio da Deputación da Coruña @DACCultura a través das axudas a proxectos singulares de especial interese cultural.  

 

‘Abrir o círculo’ se propón como unha sorte de clube cultural, un grupo de estudo, un espazo para a celebración de encontros periódicos con artistas das artes perfomativas –ou que traballan o campo da performatividade–que son convidadas a compartir un tempo dirixido ao intercambio de saberes con outras persoas interesadas ou dedicadas á creación (en calquera dos seus ámbitos) e/ou profesionais doutras disciplinas con intereses vencellados.

https://decorpospresentes.gal/2020/11/30/abrir-o-circulo/ 

 

Comparte isto nas túas redes sociais!

Go to Top