De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

Cargando eventos

Performance-intervención


Un fresco. Catro mans rascan o pigmento que cubre o texto. Palabra entre palabras, fisura. Anuncio dunha escrita incesante, sempre dispoñible, á procura dalgún corpo onde pousar: lectura. Como a noite é precisa para a nudez das primeiras horas do día, rascar o fresco é raiar o día. Neste presente cada vez máis velado, a palabra poética aparece coa potencia pronunciada dun aquí. É só aquí onde tamén está todo o que non existe en ningún outro lugar.

NIEVES NEIRA ROCA § Escritora, xornalista, Nieves Neira Roca é integrante da Fundación Uxío Novoneyra, autor sobre o que escribe unha tese na USC. Codirixe o proxecto editorial Ámboa, que busca crear libros raros e desbordados e que tivo a súa primeira parada na escritora portuguesa Maria Gabriela Llansol. Vén de colaborar nun libro sobre a fotógrafa Maruja Roca para a Central Folque. Formouse en artes do corpo e do movemento e é integrante da asociación 3monos para a promoción das artes escénicas, coa que colabora na organización do festival lugués Cartografía en Movemento. Os seus textos poéticos viron a luz en pequenas edicións que fai manualmente, revistas, colaboracións e recitais.
SABELA MENDOZA FERNÁNDEZ  § Investigadora e xestora cultural, centra o seu traballo nas artes escénicas e na creación contemporánea, especialmente no estudo da danza. Licenciada en Dereito, Máster en Xestión Cultural e Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual. Formada en danza clásica e contemporánea. Comeza a traballar como coordinadora de proxectos culturais no 2008 en Madrid, en institucións como a Residencia de Estudiantes, na que coordinou o programa do seu Centenario, ou a empresa i con i, na que dirixiu o Festival Ilustratour. Como profesional independiente ten traballado como curadora, asesora ou xestora para Hablar en Arte, Teatro Pradillo, Consultarte, Proxecta ou o festival Curtocircuíto, entre outras. Desde 2016 vive e traballa en Galiza, onde tamén colabora co coreógrafo Javier Martín e coordina o Taller de público(s) no Teatro Rosalía. No 2016 estrea a performance ‘O público está aquí’, publicada como libro no 2019 (editora Estraperlo). Recentemente pon en marcha De corpos presentes, plataforma galega para as artes performativas contemporáneas. É Vicepresidenta da asociación Emprendo Danza e co-responsable do programa de mediación en danza e artes vivas ‘Cara a unha escena plural‘. Escribe sobre danza en revistas e no seu blogue acuerpodebaile.com.

 

Centro Ágora (2º andar), A Coruña. 

Sábado 21 de novembro de 2020, 10 a 20h

*A performance-intervención sucederá durante toda a xornada de 10.00 a 20.00h, no hall do 2º andar. Dela quedará unha instalación. 

* A entrada é libre e gratuita durante o horario sinalado, non sendo necesario facer reserva previa. Ao longo do día será posible entrar e saír a visitar a intervención libremente.  Para cumprir coas medidas de seguridade, coidarase en todo momento que o número de persoas no espazo non supere o aforo máximo permitido na data de celebración do evento.

 

* En cumprimento da normativa para a prevención da Covid-19, será de obrigado cumprimento:

  • Uso de máscaras en todo momento. Únicamente aquelas persoas que presenten certificación médica oficial poderán acceder sen ela e serán ubicadas en lugares con maior distancia de seguridade do resto do público.
  • Desinfección de mans obrigatoria á entrada do edificio.
  • Restrinxir o máximo a circulación e o movemento no recinto (limitar o máximo o uso dos aseos, so para emerxencias).
  • Para  acceder é necesario aportar un nome e un teléfono de contacto por unidade familiar, estos datos gardaranse únicamente 28 días naturales e soamente se facilitarán ao Sergas en caso necesario de detección dun positivo.
  •  Seguir as indicacións do persoal de conserxería en todo momento.
  • Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e saída para evitar aglomeracións.
  • Actuar con responsabilidade

 

Creación: Sabela Mendoza Fernández e Nieves Neira Roca
Residencia: Presente Continuo Camp Lab
Produción e montaxe: Eléctrica
Vídeo: Miguel Carballo Maceiras
Asistencia técnica: Javier Martín
Coordina: De corpos presentes
Organiza: Concellaría de Cultura da Coruña

 

Comparte isto nas túas redes sociais!

Go to Top