A Fundación Maria José Jove acolle “Dance Generation”, un proxecto de danza comunitaria e interxeracional de Taiat Dansa, compañía de Valencia formada por Meritxell Barberá e Inma García. No seu paso pola Coruña traballarán durante 3 xornadas cun grupo de usuarios/as e voluntarios/as de Cáritas Coruña nos espazos da Fundación Jove, inspirándose nas obras da Colección.
O mércores 12 de decembro ás 12.30h terá lugar a mostra aberta do proceso de creación coreográfica colectiva, nas salas da colección de arte da Fundación Jove. Para máis información e confirmar asistencia: contacto@decorpospresentes.gal
_ORGANIZAN:
De corpos presentes e Fundación Maria José Jove
_CA COLABORACIÓN DE:
Cultura da Deputación da Coruña
DANCE GENERATION:
“Buscamos códigos propios”, afirman as coreógrafas de Taiat Dansa, Meritxell Barberá e Inma García, que dirixen estes encontros de traballo co obxectivo de crear unha coreografía específica con diferentes grupos de persoas en distintas cidades e poblacións.
Dance Generation convoca a un grupo de ata 25 intérpretes –sen límite de idade– a crear e bailar xuntos, para romper as barreiras que acostuman atravesar o exercicio da danza.
“Dance Generation propón un cuestionamento sobre a evolución do corpo no transcurso do tempo e sobre a tendencia da nosa sociedade a separar aos individuos según a apariencia, idade, condicións ou intereses”.
Dance Generation favorece e aposta pola sensibilización respecto á práctica do movemento, a creación en colectivo e a aprendizaxe da historia recente da danza e a arte contemporánea. E faino por medio da participación directa nun proceso artístico compartido, que finaliza no encontro co público.
+ Dance Generation:
https://www.taiatdansa.com/obras/dance-generation-un-proyecto-de-danza-comunitaria/
+ Taiat Dansa:
https://www.taiatdansa.com/la-compania/taiat-dansa/