COAR O DISCURSO. A TEORÍA INQUIETA
Proxección e conversa con Edu Fernández e Javier Trigales
Os vídeos do artista Edu Fernández son pezas performativas nas que destaca o uso da reinterpretación, o collage dixital ou a linguaxe do viral. Na súa última obra, The Passion of Edu Fernández, aprópiase do célebre filme de Dreyer (La Pasión de Juana de Arco, 1928) nunha sorte de remake bastardo. Convidamos a Edu e a Javier Trigales (guionista, programador e xestor cultural) a falar sobre orixinal e copia, a autoficción, a explotación hiperbólica da propia imaxe na sociedade das redes ou sobre como axilizar o discurso teórico. Trátase de reflexionar sobre que pasa cos nosos corpos nesta vida mediatizada polas pantallas e como podemos, xustamente a través delas, voltar aos mesmos.
*Esta actividade forma parte do CICLO DE CONVERSAS ARREDOR DAS ARTES PERFORMATIVAS que “De corpos presentes” organiza en colaboración con NORMAL. Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña.