Cian é un solo de danza con guitarra en directo.
Cian danza co ceo, co azul coas nubes, co amor.
Cian é a obsesión da artista por unha cor.
Ama todos os azuis e tódalas cousas que o conteñen.
A partir da observación do ceo, entrégase con corpo é a musica á cúpula celeste como remedio, como homenaxe, como nube que é levada polo vento.
Creación e movemento: Cris Vilariño | Música en directo: Toto Barreiro
“Durante cuánto tiempo nos engañaron
Transmutamos ahora, nos apresuramos a huir
como huye la naturaleza,
somos la naturaleza,
durante un tiempo estuvimos lejos,
pero ahora volvemos.
Nos convertimos en plantas,
en troncos, en follaje
raíces y cortezas
Estamos asentados en la tierra…”
Walt Whitman
Cris Vilariño
Creadora e bailarina diplomada en danza contemporánea e apaixonada da danza butoh e Body Weather. O seu primeiro traballo en solitario LIMINAL gañou o Premio do público no Festival de Danza Emerxente FITEU. Participou no proxecto NIDO/ RIZOMA da Compañia Sharon Fridman en Terschelling (Holanda) e actuou no V Festival internacional de butoh Ex( IT) (Berlín) dirixida por Yuko Waguri. Colabora coa compañía Licenciada Sotelo en “A Gala” e “ Incerteza”. Interesada na relación entre a pedagoxía e a arte dirixe a aula de danza da Universidade de Ourense en 2017 e foi responsable do Proxecto MASA 2018 (Mover as Aulas) do TRC Danza. O seu último traballo MANODURA foi apoiado cunha Residencia Paraíso 2020 do Colectivo Rpm, un proxecto persoal dirixido por Alberto Cortés que fala da familia a educación e as aulas. Forma parte do elenco da última producción de danza do CDG Servame, servabote. https://www.crisvilarinho.com/
Toto Barreiro
Guitarrista flamenco nacido en Lugo. Formouse e traballou a maior parte da súa carrera en Madrid, ainda que ten actuado en diferentes festivais de todo o mundo. Tocou con artistas do nivel de Jorge Pardo, Tomasito ou Antonio Lizana. Leva anos acompañando e compoñendo espéctaculos de danza.