De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

Cargando eventos

☉Mostra + encontro con Alejandra Balboa e Pavel Amilcar

☉Sábado 16 de marzo, 19:00h

☉Casa da Cultura de Outes (Avda. de  San Campio, 1, 15230, Serra de Outes, A Coruña)


Cando lle permito ao corpo aquilo que digo
– De Alejandra Balboa y Pavel Amilcar

Sinopse:

Alejandra Balboa e Pavel Amilcar entrelazan a danza contemporánea e a música barroca na súa proposta “Cando lle permito ao corpo aquilo que digo” . Un proxecto de investigación sobre o sentido do gusto e o concepto degustación tanto no ámbito da creación artística como na propia linguaxe de movemento, explorando a boca como lugar desde o que florecer.

Esta proposta ten o desexo de adaptarse á peculiaridade arquitectónica, sonora e paisaxística de cada lugar, coa vontade de mimetizar o diálogo artístico co espazo que a acolle, de tal forma que todos os elementos que forman parte, materia, son, espazo, espectadores, teñan a oportunidade de degustar o mollo, o sabor do propio encontro.

“ Saborear el rasa es entrar en uno mismo”
(Abhinavagupta)

Actividade: 

De Corpos Presentes convida a Alejandra Balboa e Pavel Amilcar a realizar unha estancia creativa nos espazos culturais do Concello de Outes, entre os días 14 e 16 de marzo de 2024. Ao finalizar estas xornadas de traballo interno, o dúo realizará unha presentación do seu proxecto “Cando lle permito ao corpo aquilo que digo” nunha mostra aberta ao público que terá lugar o sábado 16 de marzo ás 19h na Casa da Cultura de Outes, con entrada de balde.

Agradecemos a colaboración do Concello de Outes por acoller este programa – @outesculturaemocidade 

** Esta actividade de De Corpos Presentes conta co apoio da Deputación da Coruña a través das axudas a proxectos singulares de especial interese cultural 2023

 

     

 

 


©Carlota Mosquera

 


Cando lle permito ao corpo aquilo que digo
– De Alejandra Balboa y Pavel Amilcar
Ficha artística:
COREOGRAFÍA E INTERPRETACIÓN
Alejandra Balboa
VIOLÍN BARROCO
Pavel Amilcar
ASISTENTES INVESTIGACIÓN
Beatriz Palenzuela, Rafael de la Lastra, Diego M.Buceta e Olga Cameselle.
APOIOS
A Casa Vella, Eima Creació, Colectivo RPM, Escora Danza.

Comparte isto nas túas redes sociais!

Go to Top