De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

Cargando eventos

Este encontro ‘Abrir o círculo’ ten como artistas convidadas a Cris Balboa, Manuel Parra e Félix Fernández, que propoñen unha “experiencia inmersiva para a creación do manifesto #technocracia”. Trátase de compartir o proceso do seu proxecto technocracia dende a última experiencia vivida no festival corpo(a)terra, coa intención de profundizar na elaboración dun manifesto da festa con prácticas abertas ás participantes do encontro, tentando responder as seguintes preguntas:

technocracia ten un manifesto ou un contramanifesto?
Como pensar no posible neste tempo de festas imposibles?
Como encarnar un manifesto?
Cal é o marco que o sostén?

 

* O colectivo presentará, nesta mesma data, unha mostra aberta de #Technocracia/Stage 2 / Manifesto,  nun evento aberto a público xeral que se pode consultar aquí.

 


‘Abrir o círculo’ se propón como unha sorte de clube cultural, un grupo de estudo, un espazo para a celebración de encontros periódicos con artistas das artes performativas –ou que traballan o campo da performatividade–, que son convidadas a compartir un tempo dirixido ao intercambio de saberes con outras persoas interesadas ou dedicadas á creación e/ou profesionais doutras disciplinas con intereses vencellados. Máis información do ciclo ‘Abrir o círculo’ aquí.


 

Dirixido a: persoas interesadas nos procesos artísticos contemporáneos: artistas e traballadoras culturais, estudantes de artes, profesionais doutras disciplinas con intereses vencellados, ou persoas interesadas ou curiosas nas dinámicas de creación.

Inscricións: a asistencia é gratuita. O número máximo de participantes é de 15 persoas, con inscrición previa a través deste FORMULARIO.

Espazo: Almacén, NORMAL 

Data e horario: Venres 11 de decembro, de 10.00 a 13.00 h

 


 

Comparte isto nas túas redes sociais!

Go to Top