Presentación da editorial De Corpos Presentes en Ourense
LIBRERÍA EIXO (Rúa Cardenal Quevedo, 36, 32004 Ourense)
Xoves 21 de novembro de 2024, 19:30h
A nova editorial De Corpos Presentes celebra o seu lanzamento e presenta os seus primeiros títulos en Ourense, da man da librería EIXO.
Sabela Mendoza, responsable de De Corpos Presentes, falará do novo proxecto editorial e manterá unha conversa coas autoras dos primeiros títulos publicados baixo o selo: Ania González, quen asina ani(a)mal. una otra poética por venir e Javier Martín, que presenta materia resonante.
Estes dous libros reúnen por primeira vez os escritos poéticos de Ania e de Javier, acompañados de fermosas imaxes e deseño a cargo de María Peinado. Textos seleccionados a partir de anos de escritura destas voces que, desde lugares e poéticas diversas entre si, convocan e invitan ambas a unha experiencia do corpo radicalmente aberta, a unha crítica esperta, a unha ledicia do ser no tempo. Lerlles é entregarse á celebración da tarefa insistente de crear outros mundos.
—-
Sobre os libros
“ani(a)mal. una otra poética por venir”, de Ania González e “materia resonante”, de Javier Martín inauguran o catálogo da Colección Deriva, que conta con dirección editorial de Sabela Mendoza e deseño de María Peinado. Poesía, pensamento, ensaio, caderno, obra visual… Os primeiros títulos publicados por De Corpos Presentes son dúas apostas tan claras como resistentes a seren clasificadas, pola súa natureza múltiple, como son xs autorxs. Ambos libros reúnen por vez primeira os escritos poéticos que sus autorxs levan máis dunha década elaborando á par dos seus exercicios profesionais: Javier Martín como coreógrafo e bailarín, Ania González como avogada e crítica cultural. Como unha sorte de exercicio vital, afectivo e crítico. Fálannos da intimidade do común, da memoria consciente e da potencia do compromiso cun facer.
Participantes
Ania González (Vigo, 1977) Licenciada en Dereito, Máster en Avogacía e Especialista en Estudos Museísticos polo Programa de Estudos Independentes do MACBA. Compaxina a escritura poética co exercicio da avogacía no ámbito do Dereito da Cultura, coa crítica cultural escrita e a participación en colectivos e proxectos artísticos de acción en pos dunha contribución activa á redacción continua dun mellor contrato social.
Javier Martín baila. Combina a creación coreográfica e performativa coa escritura, a práctica de laboratorios e conferencias. Desde un enfoque epistemolóxico e crítico, investiga nas artes do movemento, activando unha somateca: a imaxinación e o arquivo corporal de plantexamentos cinéticos diversos. Desde os seus inicios creou e presentou máis de 30 obras en España, Francia, Portugal, Rusia, Ucraína, México, Uruguai, Guatemala e Colombia. Con formación científica e un interese particular pola filosofía, aborda a danza desde unha perspectiva transdisciplinar. www.javiermartin.gal
—
De Corpos Presentes é unha plataforma de edición, mediación e produción para as artes performativas contemporáneas, fundada en 2018 desde Galicia por Sabela Mendoza. Traballamos na intersección entre arte, corpo e pensamento para situar a cultura no centro das vidas. Publicamos libros con corpo e voz propia, lecturas que provocan movementos. O noso catálogo reúne autorxs e obras que, desde a práctica e a investigación artística, achegan visións singulares para o mundo que nos rodea. https://decorpospresentes.gal/