De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

Cargando Eventos
Presentación da editorial De Corpos Presentes en Vigo
Versus Librería (Rúa de Venezuela, 80, 36204, Vigo)
Mércores 20 de novembro de 2024, 20:00h

A nova editorial De Corpos Presentes celebra o seu lanzamento e presenta os seus primeiros títulos en Vigo, da man da librería Versus. Sabela Mendoza, responsable de De Corpos Presentes, falará do novo proxecto editorial e manterá unha conversa coas autoras dos primeiros títulos publicados baixo o selo: Ania González, quen asina ani(a)mal. una otra poética por venir e Javier Martín, que presenta materia resonante.

Estes dous libros reúnen por primeira vez os escritos poéticos de Ania e de Javier, acompañados de fermosas imaxes e deseño a cargo de María Peinado. Textos seleccionados a partir de anos de escritura destas voces que, desde lugares e poéticas diversas entre si, convocan e invitan ambas a unha experiencia do corpo radicalmente aberta, a unha crítica esperta, a unha ledicia do ser no tempo. Lerlles é entregarse á celebración da tarefa insistente de crear outros mundos.

—-

Sobre os libros

“ani(a)mal. una otra poética por venir”, de Ania González e “materia resonante”, de Javier Martín inauguran o catálogo da Colección Deriva, que conta con dirección editorial de Sabela Mendoza e deseño de María Peinado. Poesía, pensamento, ensaio, caderno, obra visual… Os primeiros títulos publicados por De Corpos Presentes son dúas apostas tan claras como resistentes a seren clasificadas, pola súa natureza múltiple, como son xs autorxs. Ambos libros reúnen por vez primeira os escritos poéticos que sus autorxs levan máis dunha década elaborando á par dos seus exercicios profesionais: Javier Martín como coreógrafo e bailarín, Ania González como avogada e crítica cultural. Como unha sorte de exercicio vital, afectivo e crítico. Fálannos da intimidade do común, da memoria consciente e da potencia do compromiso cun facer.

 

 

Participantes

Ania González (Vigo, 1977) Licenciada en Dereito, Máster en Avogacía e Especialista en Estudos Museísticos polo Programa de Estudos Independentes do MACBA. Compaxina a escritura poética co exercicio da avogacía no ámbito do Dereito da Cultura, coa crítica cultural escrita e a participación en colectivos e proxectos artísticos de acción en pos dunha contribución activa á redacción continua dun mellor contrato social.

 

Javier Martín baila. Combina a creación coreográfica e performativa coa escritura, a práctica de laboratorios e conferencias. Desde un enfoque epistemolóxico e crítico, investiga nas artes do movemento, activando unha somateca: a imaxinación e o arquivo corporal de plantexamentos cinéticos diversos. Desde os seus inicios creou e presentou máis de 30 obras en España, Francia, Portugal, Rusia, Ucraína, México, Uruguai, Guatemala e Colombia. Con formación científica e un interese particular pola filosofía, aborda a danza desde unha perspectiva transdisciplinar. www.javiermartin.gal

De Corpos Presentes é unha plataforma de edición, mediación e produción para as artes performativas contemporáneas, fundada en 2018 desde Galicia por Sabela Mendoza. Traballamos na intersección entre arte, corpo e pensamento para situar a cultura no centro das vidas. Publicamos libros con corpo e voz propia, lecturas que provocan movementos. O noso catálogo reúne autorxs e obras que, desde a práctica e a investigación artística, achegan visións singulares para o mundo que nos rodea. https://decorpospresentes.gal/

Compártelo en tus redes sociales!

Ir a Arriba