De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

De Corpos Presentes
Cargando Eventos

O PÚBLICO ESTÁ AQUÍ.

por Sabela Mendoza

conferencia performativa + presentación de libro


Venres, 28 de decembro de 2018, 20h
Auditorio da Fundación Luis Seoane
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 50 min

“Non coñezo este lugar, por iso regreso a miúdo.” O público está aquí, deixaron de ser esas persoas para seren espectadoras. Son “o outro” para a escena, para a artista, ou son “as outras” para si mesmas? A súa función na obra, a función do público, é tamén esta representación. O lugar do público é un espazo baleiro, unha función espazo-tempo neutralizada, unha bisagra onde se desdobran os sentidos. Pero o público cóntase en cifras, quéreselle  atraer e fidelizar, ten un día especial, é obxecto de estudos, estratexias e desexos, defínese a súa participación… e tamén se debuxa o espazo da súa experiencia: aquí. “A danza é o presente máis intenso que coñezo.”

O público está aquí é un traballo de investigación teórica e de escritura, e ao mesmo tempo unha conferencia performativa, sobre o espazo que ocupa o espectador nas artes vivas contemporáneas, as pautas que guían a súa participación e os xestos e accións que determinan a mirada. Partindo dun relato a modo de conferencia, a peza tórnase acción incorporando fragmentos de danza e elementos escénicos asociados á construcción da participación democrática, que aparecen descontextualizados, na procura dunha resignificación. Xira arredor das preguntas: cara onde estamos mirando? aínda podo ver? E se inspira naquelas producións artísticas actuais que non podemos ver porque foron interrumpidas ou forzadas, propoñendo un exercicio de desvío da mirada a partir dun diálogo fortuito ca coreógrafa siria Mey Seifan .

 

Creación e performance: Sabela Mendoza | Asistencia a dirección: Javier Martín | Textos: Sabela Mendoza | Agradecimentos: Nadia Muhanna , Mey Seifan, Los Torreznos, MPECV- Artea.

Compártelo en tus redes sociales!

Ir a Arriba