De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

Cargando Eventos
Lugar e horarios (9h de formación): 

Como converterse en virtuosa é unha proposta da coreógrafa italiana residente en Madrid Annika Pannitto. Unha ocasión para observar distintos procesos de produción do movemento, o workshop estará enfocado ao estudo, á observación e á escoita do que pasa  -no espazo do corpo, o espazo físico, o espazo entre os corpos- cando se inicia unha danza. O obradoiro divídese nunha parte de adestramento técnico en que se utilizan distintos principios de movemento, e unha parte de investigación, orientada a articular o corpo de forma máis libre sobre a base de materiais comúns.

Este obradoiro forma parte do proxecto Unha serie de virtuosismos / (A series of virtuosities), da coreógrafa italiana e residente en Madrid Annika Pannitto. Un proxecto do que derivan diversos laboratorios, investigacións e performances arredor da idea de ‘virtuosismo’. En palabras de Annika: «O filósofo Italiano Paolo Virno define ‘virtuoso’ como aquel que ten a capacidade de non deixar pegadas trala súa actividade laboral (2006). A definición de Virno axúdame a ver a danza como o virtuosismo por excelencia, xa que é unha actividade que non deixa ningunha pegada concreta trala súa aparición no espazo. Ademais, só existe porque hai alguén que a mira, é dicir, non pode prescindir do encontro con outras persoas. A proposta baséase nunha práctica que descorteza o corpo para permanecer e soster un estado incerto.»

Este obradoiro está organizado pola plataforma De corpos presentes en colaboración co Laboratorio Escénico Coop., grazas ao apoio da asociación Emprendo Danza a través do seu proxecto Emprendo en Red, que trae a Annika Pannitto á cidade da Coruña.

—-

Annika Pannitto. Nacida en Italia en 1981, Annika é unha coreógrafa, bailarina e investigadora no campo da coreografía contemporánea. Tras unha carreira breve como bailarina para outros coreógrafos, arrancou o seu traballo propio no 2007 e desde entón foi facendo pezas escénicas, site-specific e videodanzas. A súa formación en ballet foi fundamental para a súa comprensión da técnica e como disparador principal para descubrir e estudar prácticas de danza contemporánea, o cal inspirou e influiu a súa procura dun movemento persoal e interese coreográfico. As súas pezas máis tardías “Dances Beneath the Oak” e o proxecto “Piazza” están fortemente informados pola relación entre procura práctica e teórica, o cal arrancou para desenvolver durante o Mestrado de coreografía en ArtEZ en Arnhem onde se graduou no 2014. O seu traballo foi presntado en varias sedes e festivais internacionais, como The Rotterdamse Schowburg, Museo Reina Sofía/Madrid, Diskurs’15/Giessen, Dock 11/Berlin, Santarcangelo Festival, MAK Museum/Wien, Atelier RE.AL/Lisboa e Centro Danza Canal/Madrid. *Máis info en web: https://annikapannitto.com/sobre-cuando-decidi-convertirme-en-virtuosa/

 

Compártelo en tus redes sociales!

Ir a Arriba