De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas

De Corpos Presentes
Cargando Eventos

A INTERNACIONALIZACIÓN DAS ARTES PERFORMATIVAS

Obradoiro para produtores e artistas con Sara Machado, directora de produción e relacións internacionais do Festival Cumplicidades (Lisboa) e coordinadora de Performing Arts Portugal.

 

A internacionalización é entendida neste obradoiro como unha forma de aumentar a circulación dun proxecto artístico e visibilizar outras formas de sustentabilidade profesional, tanto para artistas como para produtores ou xestores. Como definir os festivais ou circuitos de presentación máis adecuados para o meu proxecto? Como atopar os apoios e mecanismos de apoio á mobilidade artística? Como divulgar o propio traballo para outro público, diferente ao nacional? Tomando como base os proxectos e desafios cos que se confrontan os participantes desta formación serán partilladas ferramentas, recursos e contactos.

Sara Machado é Licenciada en Ciência da Informação pola Universidade do Porto. Obtivo a bolsa Erasmus na Royal School of Information Science em Copenhague, Dinamarca. Ampliou os seus estudos con o Máster en Gestión Cultural da Universidad Carlos III de Madrid e traballou no Ministerio de Cultura de España a través do programa InovArt. Na ECF – European Cultural Foundation (Ámsterdam, Holanda), especializouse nas cuestións de mobilidade artística e cooperación cultural. Foi directora de produción da EIRA (Lisboa), unha estrutura artística dedicada ao desenvolvemento da danza contemporánea, especializándose en estratexias de internacionalización. Em Bruxelas, desenvolveu na Pearle* Live Performance Europe un proxecto de investigación sobre Diplomacia Cultural. Actualmente, é directora de produción e relacións internacionais no CUMPLICIDADES – Festival Internacional de Dança Contemporânea de Lisboa e Coordinadora xeral do PERFORMING ARTS PORTUGAL.

Martes 23 abril de 16 a 20h
Duración: 4 horas
Gratuito, con inscrición previa: cultura.coruna@udc.es
Máximo de participantes: 30
Dirixido a: artistas, produtores, xestores ou distribuidores de artes performativas, interesados en comezar ou ampliar coñecementos no camiño da internacionalización.

Para inscribirte, por favor envía un correo a cultura.coruna@udc.es, indicando no posible a seguinte información:

  • Nome completo
  • Tes algunha experiencia previa de internacionalización?
  • Cal é a túa área de traballo? (danza, teatro, música)
  • Cal é o teu perfil profesional? (artista, produtor/a, xestor/a, distribuidor/a…)
  • Que che interesa particularmente (máis que unha opción posible):
    * Circuitos de difusión e programación
    * Apoios e axudas á mobilidade artística
    * Como presentar un proxecto fóra de España

 

Compártelo en tus redes sociales!

Ir a Arriba