Presentamos Estudio deriva!!
❧ Un podcast de DE CORPOS PRESENTES para o estudio da danza, a performance e as súas derivas ☙
Charlamos sobre danza, performance e outras derivas da práctica artística. E sobre como estes asuntos do corpo e o movemento se relacionan co mundo que nos rodea. Pondo en diálogo a artistas, pensadoras, investigadoras… abordamos temas de actualidade desde diversas perspectivas, sensibilidades e visións innovadoras. As prácticas ao redor do movemento e o corpo funcionan moitas veces como laboratorios de innovación social. Que podemos aprender de quen traballan nestes campos? Como dialogan con outras persoas que traballan desde outras coordenadas creativas e sociais?
Arrancamos a Temporada #1 recuperando unha conversa de arquivo con Ánxela Blanco e Javier Martín. Sabela Mendoza entrevista a estas dúas artistas dedicadas ao movemento, colegas de longa traxectoria e de fondas conviccións. Reunidas no estudio de Javier, na Coruña, repasan algunhas das constantes da súa práctica artística, alternando relatos vitais sorprendentes con análises sobre o contexto e reflexións sobre a potencia dos corpos. Dúas olladas sensibles falando sobre arte, danza, territorio, amizade, casas amigas e reivindicacións culturais.
** ‘Estudio deriva’ é unha actividade subvencionada polo Ministerio de Cultura, Goberno de España.
** De Corpos Presentes conta co apoio da Deputación da Coruña a través das axudas a proxectos singulares de especial interese cultural 2023
Deixa o teu comentario