Cargando Eventos

Eventos pasados

Búsqueda y navegació de vistas de Eventos

Navegación de vistas de Evento

diciembre 2020

Abrir o círculø. Encontro con Aïda Colmenero Dïaz

diciembre 28, 2020 @ 10:00
NORMAL Espazo de intervención cultural, Paseo de Ronda 47
A Coruña, A Coruña 15011 España
+ Google Map
Gratuito

Este encontro ‘Abrir o círculo’ ten como artista convidada a Aïda Colmenero Dïaz, que compartirá as derivas de She Poems / Ella Poema, un proxecto inspirado en poemas escritos por mulleres, que desde 2013 vén creando e producindo en África coa colaboración dunha nova xeración de creadoras en artes escénicas, artistas pioneiras e únicas, dando como resultado unha extensa serie de pezas audiovisuais, creacións de danza e series fotográficas.  Aïda Colmenero Dïaz é creadora, coreógrafa, bailarina, cineasta e comisaria de…

Más información »

She Poems / Ella Poema. Proxección e coloquio con Aïda Colmenero Dïaz

diciembre 28, 2020 @ 19:30 - 20:45
NORMAL Espazo de intervención cultural, Paseo de Ronda 47
A Coruña, A Coruña 15011 España
+ Google Map
Gratuito

Proxección dunha selección de curtametraxes do proxecto She Poems / Ella Poema, coa presentación e posterior coloquio coa súa directora: a creadora, coreógrafa e cineasta Aïda Colmenero Dïaz She Poems / Ella Poema é un proxecto inspirado en poemas escritos por mulleres, creado e producido en África pola súa nova xeración de creadoras en artes escénicas. Un proxecto revolucionario pola súa visión de xénero e postcolonial que, desde 2013, está a situar a mulleres creadoras de máis dunha ducia de…

Más información »

diciembre 2021

N+, de Masako Hattori

diciembre 16, 2021 @ 19:00 - 20:00
NORMAL Espazo de intervención cultural, Paseo de Ronda 47
A Coruña, A Coruña 15011 España
+ Google Map
Gratuito

N+ ESTELA DE MOVIMIENTO 所作のあと 《shyo-sa no ato》 De costas, fronte a un espazo baleiro. A tristeza está sempre ao outro lado da nosa felicidade. Como se di popularmente en Xapón, "Jin-sei yama ari tani ari. - Na vida hai montañas e vales": estas palabras fan referencia a que cando estamos arriba, no alto da montaña, hai que ser humildes fronte ao abismo, e cando estamos no máis baixo do val, non debemos perder a esperanza pois o que resta…

Más información »

CIAN, de Cris Vilariño

diciembre 17, 2021 @ 08:00 - 20:30
NORMAL Espazo de intervención cultural, Paseo de Ronda 47
A Coruña, A Coruña 15011 España
+ Google Map
Gratuito

Cian é un solo de danza con guitarra en directo.  Cian danza co ceo, co azul coas nubes, co amor.  Cian é a obsesión da artista por unha cor. Ama todos os azuis e tódalas cousas que o conteñen. A partir da observación do ceo, entrégase con  corpo é a musica á cúpula celeste como remedio, como homenaxe, como nube que é levada polo vento.  Creación e movemento: Cris Vilariño | Música en directo: Toto Barreiro   “Durante cuánto tiempo…

Más información »

marzo 2022

Outro virtuosismo posible. De Annika Pannitto

marzo 25, 2022 @ 19:30 - 20:30
Ágora, Lugar da, Av. Gramela, 17
A Coruña, 15010
+ Google Map
Gratuito

OUTRO VIRTUOSISMO POSIBLE, de Annika Pannitto Performance de danza + conversa co público Venres, 25 de marzo de 2022, ás 19:30h (duración 1 hora) Hall do Centro Ágora, A Coruña (Lugar da Gramela, 17, 15010). Entrada libre  "Imaxino esta danza coomo un espazo común que emerxe a partires dunhas poucas regras sinxelas. Un encontro, un xogo de miradas, estar xuntas por un tempo limitado. Danzo a partir dunhas pautas que son máis un pretexto para dialogar por medio da práctica…

Más información »

Práctica de danza virtuosa. Obradoiro con Annika Pannitto.

marzo 26, 2022 - marzo 27, 2022
Laboratorio escénico Coop, Rúa Santa Luisa de Marillac, 12,
A Coruña, A Coruña 15002 España
+ Google Map
80€

Lugar e horarios (9h de formación):  Sábado 26 marzo, de 12:00-14:30 y de 16:30 a 19:30  Domingo 27 marzo, de 11:00 a 14:30 Laboratorio Escénico Coop, A Coruña Info e reservas: formacion@laboratorioescenicocoop.com Como converterse en virtuosa é unha proposta da coreógrafa italiana residente en Madrid Annika Pannitto. Unha ocasión para observar distintos procesos de produción do movemento, o workshop estará enfocado ao estudo, á observación e á escoita do que pasa  -no espazo do corpo, o espazo físico, o espazo entre…

Más información »

junio 2022

DE CUERPOS AUSENTES. Conferencia de Maite Garbayo Maeztu

junio 9, 2022 @ 19:30 - 21:00
Gratuito

Esta conferencia de Maite Garbayo Maeztu deriva do seu ensaio no que, baixo o mesmo título, reflexiona sobre algunhas das primeiras performances que se fixeron nos anos setenta no Estado español e as ocupacións das rúas por parte do activismo feminista. Frente ao ideal de presenza e transparencia de significados herdado da modernidade liberal, artistas como Dorothée Selz, Fina Miralles e Olga L. Pijoan puxeron en marcha veladuras, ocultacións e trocos que nos convidan a ir máis aló da visualidade. Maite…

Más información »

LEÇONS DU VENDREDI, de María Roja e Vanesa Varela

junio 10, 2022 @ 19:30 - 20:30
NORMAL Espazo de intervención cultural, Paseo de Ronda 47
A Coruña, A Coruña 15011 España
+ Google Map
Gratuito

Sinopse Nalgunhas casas comezaron a verse actos de sabotaxe desorganizados. Inicialmente, tratábase dunha lixeira melancolía que remataba nunha pota de comida queimada ou nunha camisa mal pasada a ferro, aínda que ás veces, incomprensiblemente, toda a vaixela acababa destruída en anacos no chan. Somatización é unha palabra que anula toda unha serie de saberes e aprendizaxes dos nosos corpos. Establece, unha vez máis, a mente como un elemento autónomo que, en ocasións, produce alteracións fisiolóxicas ao exercer o seu poder…

Más información »

mayo 2023

Proxección e conversa – documental ‘O PUNTO IMPROPIO’ (Santiago)

mayo 24 @ 19:00 - 20:30
CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea, Rúa Valle Inclán, 2
Santiago de Compostela, 15703 España
+ Google Map
Gratuito

Proxección do documental ‘o punto impropio’ + Conversa con Javier Martín (coreógrafo e investigador) e Rosa Vázquez Santos (psicoanalista)    Mércores 24 de maio ás 19:00h  CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela) Duración: 1 hora e media (proxección 41 minutos + conversa)   Unha película sobre o proceso de creación da coreografía 'o punto impropio A/S/V/', de Javier Martín, estreada en marzo de 2023 no Teatro Miguel Covarrubias de Cidade de México e que introduce na escena…

Más información »

Proxección e coloquio do documental ‘O PUNTO IMPROPIO’ (A Coruña)

mayo 25 @ 20:00 - 21:30
Domus, Rúa Ángel Rebollo 91
A Coruña, España
+ Google Map
Gratuito

Proxección e coloquio do documental ‘o punto impropio’ Con Javier Martín (coreógrafo e investigador), Leo López (fotógrafo e videógrafo) e Sabela Mendoza (produtora cultural).    Xoves 25 de maio ás 20:00h  Domus  (A Coruña) - Sala Leonardo da Vinci Duración: 41 minutos + coloquio   Unha película sobre o proceso de creación da coreografía 'o punto impropio A/S/V/', de Javier Martín, estreada en marzo de 2023 no Teatro Miguel Covarrubias de Cidade de México e que introduce na escena diversas…

Más información »
+ Exportar Eventos

Próximos eventos

No hay próximos eventos actualmente.