
Búsqueda y navegació de vistas de Eventos
marzo 2019
A memoria é hoxe. Conversa con Manu Lago
A MEMORIA É HOXE Conversa e lectura colectiva con Manu Lago, creador do Arquivo online da danza contemporánea de Galicia Manu Lago, xestor cultural que traballa para compañías e festivais baixo a marca “Galicia Danza Contemporánea”, é creador entre outros proxectos do “Arquivo online da danza contemporánea de Galicia”, unha web que foi aberta públicamente en abril de 2018. O proxecto procura recoller a memoria recente da danza contemporánea no noso territorio, documentando institucións, creadores, obras, cifras de produción e…
Más información »abril 2019
A internacionalización das artes performativas. Obradoiro con Sara Machado
A INTERNACIONALIZACIÓN DAS ARTES PERFORMATIVAS Obradoiro para produtores e artistas con Sara Machado, directora de produción e relacións internacionais do Festival Cumplicidades (Lisboa) e coordinadora de Performing Arts Portugal. A internacionalización é entendida neste obradoiro como unha forma de aumentar a circulación dun proxecto artístico e visibilizar outras formas de sustentabilidade profesional, tanto para artistas como para produtores ou xestores. Como definir os festivais ou circuitos de presentación máis adecuados para o meu proxecto? Como atopar os apoios e…
Más información »#spanishwashing. Mesa de traballo con Begoña Cuquejo e Matías Daporta (AAHPICA)
#SPANISHWASHING. PERFORMATIVIDADES INSTITUCIONAIS. Mesa de traballo e presentación con Begoña Cuquejo e Matías Daporta Mesa de traballo: de 16.00 a 19.00, Sala de reunións, NORMAL. Con inscrición previa enviando un correo a: cultura.coruna@udc.gal. A participación é gratuita. Presentación pública: de 19.00 a 20.00h, Auditorio, NORMAL. Entrada libre. Begoña Cuquejo e Matías Daporta son artistas que viven entre distintas cidades europeas e traballan xuntos dende o 2010, asesorando cada un deles o traballo do outro. #spanishwashing é a súa primeira colaboración…
Más información »junio 2019
Laboratorio de movemento con Twins Experiment
LABORATORIO DE MOVEMENTO Obradoiro de movemento con TWINS EXPERIMENT MÉRCORES, 12. XUÑO. 2019 18:00 | 21:00 HORAS AULA DE DANZA | NORMAL INSCRICIÓN PREVIA: cultura.coruna@udc.es “Un laboratorio onde compartiremos a nosa metodoloxía de traballo e algunhas prácticas e materiais que forman parte da nosa última pieza: everlasting softness, arredor da creación dun ecosistema brando, un espazo sensorial, e o traballo con materiais e corpos brandos.” https://twinsexperiment.com/ Ainhoa e Laura. Madrileñas. Xemelgas. Separadas ao nacer, reencontrámonos en 2014. Xuntas somos Twins…
Más información »Everlasting softness. Performance con Twins Experiment
EVERLASTING SOFTNESS Performance con TWINS EXPERIMENT 13. XUÑO. 2019 20:00 | 21:00 HORAS ALMACÉN | NORMAL everlasting softness é o terceiro traballo de Twins Experiment (Ainhoa Hernández e Laura Ramírez), no que se quere propiciar un espazo brando para exercitar a escoita da materia e a súa axencia. Un espazo sensorial ficcionado onde todos os corpos teñan a mesma importancia e a materia sirva como materialización da terceira cousa que se produce entre dous. A práctica que Twins Experiment está…
Más información »noviembre 2020
Dedicatoria. Con Sabela Mendoza e Nieves Neira
Performance-intervención Un fresco. Catro mans rascan o pigmento que cubre o texto. Palabra entre palabras, fisura. Anuncio dunha escrita incesante, sempre dispoñible, á procura dalgún corpo onde pousar: lectura. Como a noite é precisa para a nudez das primeiras horas do día, rascar o fresco é raiar o día. Neste presente cada vez máis velado, a palabra poética aparece coa potencia pronunciada dun aquí. É só aquí onde tamén está todo o que non existe en ningún outro lugar. NIEVES…
Más información »diciembre 2020
Abrir o círculø. Encontro con Cris Balboa, Manuel Parra e Félix Fernández
Este encontro ‘Abrir o círculo’ ten como artistas convidadas a Cris Balboa, Manuel Parra e Félix Fernández, que propoñen unha "experiencia inmersiva para a creación do manifesto #technocracia". Trátase de compartir o proceso do seu proxecto technocracia dende a última experiencia vivida no festival corpo(a)terra, coa intención de profundizar na elaboración dun manifesto da festa con prácticas abertas ás participantes do encontro, tentando responder as seguintes preguntas: technocracia ten un manifesto ou un contramanifesto? Como pensar no posible neste tempo de festas…
Más información »#Technocracia / Stage 2 / Manifesto
Technocracia é unha peza de artes vivas no seu segundo estadio de creación que aborda a festa como lugar de comuñón, como mecanismo de reprogramación mental, de ruptura co cotiá, de hedonismo físico e emocional, e tamén como unha metodoloxía de creación a partir do corpo en movemento e a masa, onde expandir a nosa experiencia escénica ao incluir ó publico como parte esencial da peza a través das accións que se xeneren. Trátase de deixar de crear ficcións para…
Más información »Abrir o círculo. Encontro con Gena Baamonde
Este encontro 'Abrir o círculo' ten como artista convidada a Gena Baamonde, que compartirá as derivas de Metodoloxías carroñeras para corpos intervetidos, un proxecto artístico que supón a tradución –a linguaxe escénica– da súa investigación académica Sexualidades Des-Xeneradas, centrada no estudo da práctica escénica que cuestiona o binomio de xénero e o mandato da heteronormatividade, amosando sexualidades habitualmente relegadas deste ámbito. Para esta sesión, Gena vén disposta a compartir o que chama un striptease de xénero: 'recollo varios vídeos de pequenas pezas,…
Más información »Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos, por colectivo Vacaburra
Conferencia-Freak en formato desbordado ao redor da lectura escénica dos corpos sexuados. Bastardía disciplinar, investigación desleal situada na mestura, na busca de carroña metodolóxica e na incoherencia corporal. Esta idea xorde da necesidade de tradución a linguaxe escénica do proxecto de investigación académica: Sexualidades Des-Xeneradas, que se centra no estudo da práctica escénica que cuestionan o binomio de xénero e o mandato da heteronormatividade, amosando sexualidades habitualmente relegadas do discurso escénico. Metodoloxías Carroñeras é un traballo en proceso do colectivo…
Más información »