Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

N+, de Masako Hattori

diciembre 16, 2021 @ 19:00 - 20:00

Gratuito

N+ ESTELA DE MOVIMIENTO

所作のあと 《shyo-sa no ato


De costas, fronte a un espazo baleiro.
A tristeza está sempre ao outro lado da nosa felicidade.

Como se di popularmente en Xapón, «Jin-sei yama ari tani ari. – Na vida hai montañas e vales»: estas palabras fan referencia a que cando estamos arriba, no alto da montaña, hai que ser humildes fronte ao abismo, e cando estamos no máis baixo do val, non debemos perder a esperanza pois o que resta do camiño levaranos ao o máis alto. No titulo desta performance, «N+», a letra N, fai referencia, na súa forma, á montaña e o val de «Jin-sei yama ari tani ari.»

Esta alternación na que a vida transcorre, está referenciada tamén nos ensinos de Buda, «Rin-ne». Segundo Buda, na reencarnación, o movemento físico, oral e mental abarca a vida e os momentos repetidos da morte e o renacer. Este tres movementos; físico, oral e mental chámanse «Shyo-sa» en Budismo.
Doutra banda, tanto no teatro tradicional, como na cultura da cerimonia de té «Shyo-sa» significa «comportamento» e «acción».

Polo tanto, «Shyo-sa non ato», no título, transcríbese como «Ronsel de movemento».
Ao pensar no meu traballo, nos movementos e en como trazalos, imaxinaba a forma invisible que debuxa a vida. Esa espiral de círculos Rin-ne tridimensional que pasa unha e outra vez polo mesmo cerco pero sempre distinto niveis, creando esas lineas forma orgánica ás que fai referencia Tony Cragg nas súas esculturas.

N+ é tamén unha reflexión acerca das persoas, que enfrontadas coas súas tristuras e dificultades, necesitan atopar a vontade e a forza, como unha luz de esperanza. Un reflexo contemporáneo da identidade dos artistas e o seu camiño vital, na busca do Rin-ne, a través das súas creacións.

As lineas debuxadas ao redor do meu corpo, a través do movemento. Os impulsos das miñas emocións e a alma do meu corpo. Un ronsel no aire, nado desde o meu interior e transformado polo meu corpo para ser compartido co público.
Un «Ronsel de movemento» en busca do seu poema/manifesto; «+».

Os movementos físicos propios da miña identidade xaponesa, mesturados coas miñas vivencias na Europa, as investigacións de danza e corpo e as miñas experiencias de traballo actoral e performativo, son a base e a dirección do meu traballo, tomando tamén como referencia os traballos de Joan Jonas, Trisha Brown ou Caroline Denervaud.

N+, Ronsel de movemento será, como diría Xaques Derrida, «Un trazo indeleble non é un trazo». Un ronsel efémero.

Fotos: Manuel G. Vicente

Detalles

Fecha:
diciembre 16, 2021
Hora:
19:00 - 20:00
Precio:
Gratuito
Categoría del Evento:

Organizadores

De corpos presentes
Normal

Lugar

NORMAL Espazo de intervención cultural
Paseo de Ronda 47
A Coruña, A Coruña 15011 España
+ Google Map
Página Web:
http://istoenormal.org/gl/

Próximos eventos

No hay próximos eventos actualmente.