De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De Corpos Presentes
Cargando eventos

Anthesis

performance e electrónica

Artur M. Puga (son) e Javier Martín (movemento)

«Odio o movemento que despraza as liñas.» – Les Fleurs du mal, Baudelaire.

sintetizador modular_ Artur M. Puga
corpo
_ javier martín

Partindo da improvisación dialogada entre movemento e son, este encontro entre o artista sonoro Artur M. Puga e o coreógrafo Javier Martín busca desenvolver unha experiencia estética e vivencial próxima á percepción sinestésica. Fuxindo das categorías das formas, os artistas exploran xuntos distintos tipos de vibracións, texturas e graos de conciencia, na procura de diversos estados onde os sentidos se expandan cara a apertura dun tempo de orde topolóxico.

Mantendo unha metodoloxía de traballo en contacto co público, búscase que a creación xorda nun contexto participado pola crítica á vez que se crea un contexto subxectivo para o seu coidado.

O encontro entre ambos artistas naceu dentro do programa “Tribuna pública” comisariado por Juan de Nieves e impulsado polo Concello da Coruña. A partir desta primeira experiencia, continúan a indagar nas posibilidades de construir códigos compartidos a través da escoita mutua e do encontro co público.

Foto: © Leo López

 


 

Foto: ©Sara Roca

Artur M. Puga (Ourense, 1991) é un graduado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, carreira pola cal será becado no ano 2013 para unha estancia no prestixioso Gyeonggi Creation Center de Corea do Sur. Artista polifacético, a súa obra abrangue tanto manifestacións plásticas, como diversos proxectos musicais ou a participación en colectivos de acción artística. Nos últimos anos o seu traballo céntrase na exploración sonora mediante instrumentos analóxicos e sintetizadores modulares, así como as interseccións entre esta e os medios visuais. Algunhas das pezas xurdidas desta liña de traballo foron recentemente expostas en centros como o CGAC (dentro da mostra internacional de cinema Curtocircuito) ou o GCC. Actualmente traballa en diversas bandas sonoras comisionadas para pezas audiovisuais e performáticas.

Foto: ©Carlos Bernar

Javier Martín (A Coruña). Coreógrafo. Desenvolve un proxecto de investigación de corte epistemolóxico arredor das artes do movemento que atopa as súas fugas na creación de discurso e distintas aplicacións do mesmo, como son: a escrita, as conferencias-performativas, a activación de grupos de investigación e laboratorios, o acompañamento de itinerarios formativos en distintas universidades ou o desenvolvemento de seminarios. E, como motor e causa de todo, a creación de espectáculos. De formación académica en ciencias (estudiou Química, especializándose no itinerario de Mecánica Cuántica), dende 2005 ten estreado máis de 30 pezas en España, Francia, Rusia, Portugal, México, Ucraína, Guatemala e Uruguay. Nos últimos anos o seu traballo foi presentado en espazos como UNAM, Museo del Chopo, México; Teatro Alexandrinsky, San Petersburgo; GogolFest, Kiev; CCCB, Barcelona; Theatro Circo, Braga; Pompidou, Málaga; Reina Sofía, Madrid; Universidad Sorbonne Nouvelle, París; entre otros teatros y centros de arte.  www.javiermartin.gal

 

Colabora:

Comparte isto nas túas redes sociais!

Go to Top