De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De Corpos Presentes
Cargando eventos

Este encontro ‘Abrir o círculo’ ten como artista convidada a Gena Baamonde, que compartirá as derivas de Metodoloxías carroñeras para corpos intervetidos, un proxecto artístico que supón a tradución –a linguaxe escénica– da súa investigación académica Sexualidades Des-Xeneradas, centrada no estudo da práctica escénica que cuestiona o binomio de xénero e o mandato da heteronormatividade, amosando sexualidades habitualmente relegadas deste ámbito.  Para esta sesión, Gena vén disposta a compartir o que chama un striptease de xénero:  ‘recollo varios vídeos de pequenas pezas, chámolle striptease pola súa condición de estranos/ de diversas prácticas, e así vou introducindo diversos referentes cos que estou a traballar e diversos temas’.

Gena Baamonde, mullerona > Creadora, directora, investigadora e intérprete cunha ampla traxectoria artística no eido da práctica escénica e a creación contemporánea. Interesada nas prácticas artísticas bastardas e nos cuestionamentos da tríada sexo-xénero-sexualidade que atravesan os corpos. Formada en artes escénicas, movemento e dramaturxia, así mesmo ten formación en igualdade,  xénero e diversidade sexual. Está a desenvolver a súa tese de doutoramento, Sexualidades des-xeneradas na práctica escénica contemporánea. Entre os seus últimos proxectos escénicos, destaca a dramaturxia e dirección do espectáculo Elisa e Marcela para A Panadaría Teatro, traballo que recibiu, entre outros, o Premio María Casares á Mellor Dirección e Mellor Texto Orixinal, o Premio Luísa Villalta de Igualdade e o XIV Premio LGBT do colectivo ALAS. Dirixiu o espectáculo Neorretranca e Posmorriña para o Centro Dramático Galego, acaba de participar na co-dramaturxia e co-dirección no proxecto O raro é que bailar sexa raro, creación de Andrea Quintana e está a desenvolver o proxecto Metodoloxías Carroñeras para corpos invertidos co colectivo Vacaburra.

* Gena Baamonde presentará, nesta mesma data, a conferencia performativa Metodoloxías carroñeras para corpos intervetidos nun evento aberto a público xeral que se pode consultar aquí.

 


‘Abrir o círculo’ se propón como unha sorte de clube cultural, un grupo de estudo, un espazo para a celebración de encontros periódicos con artistas das artes perfomativas –ou que traballan o campo da performatividade–, que son convidadas a compartir un tempo dirixido ao intercambio de saberes con outras persoas interesadas ou dedicadas á creación (en calquera dos seus ámbitos) e/ou profesionais doutras disciplinas con intereses vencellados. Máis información do ciclo ‘Abrir o círculo’ aquí.


 

Dirixido a: persoas interesadas nos procesos artísticos contemporáneos: artistas e traballadoras culturais, estudantes de artes, profesionais doutras disciplinas con intereses vencellados, ou persoas interesadas ou curiosas nas dinámicas de creación.

Inscricións: a asistencia é gratuita. O número máximo de participantes é de 15 persoas, con inscrición previa a través deste FORMULARIO.

Espazo: Almacén, NORMAL 

Data e horario: Luns 21 de decembro, de 10.00 a 13.00 h

 


 

Comparte isto nas túas redes sociais!

Go to Top