De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De corpos presentes

Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas

De Corpos Presentes
Cargando eventos

Este encontro ‘Abrir o círculo’ ten como artista convidada a Aïda Colmenero Dïaz, que compartirá as derivas de She Poems / Ella Poema, un proxecto inspirado en poemas escritos por mulleres, que desde 2013 vén creando e producindo en África coa colaboración dunha nova xeración de creadoras en artes escénicas, artistas pioneiras e únicas, dando como resultado unha extensa serie de pezas audiovisuais, creacións de danza e series fotográficas. 

Aïda Colmenero Dïaz é creadora, coreógrafa, bailarina, cineasta e comisaria de artes escénicas nada en Madrid de ascendencia galega. A súa traxectoria levouna a explorar diversas xeografías e a embarcarse en procesos creativos únicos, achegando unha reflexión complexa e alternativa en relación coa identidade e o legado cultural, cunha sólida mirada de xénero. Fundadora e directora do proxecto Ella Poema, co que até agora xerou 20 curtametraxes de danza, 7 pezas coreógraficas, e series fotográficas xunto ás referentes femininas en artes escénicas de máis dunha ducia de países africanos, propondo unha paradigma descolonizador da mirada ao continente e á súa creación contemporánea. Entre as súas últimas obras escénicas como intérprete, destacan ‘Aka Nativa’, estreada no festival Jomba! en Durban, Suráfrica, e a súa recente peza ‘Conxurando ou invisible’, producida por UNESCO España. En 2020 publica xunto con Nora Chipaumire o libro de arte ‘Bhuku. Cartografía do corpo animista e presenzas negras africanas radicais. Proceso e práctica da tecnoloxía animista’ e desde fai catro anos colabora intensamente no grupo de investigación da compañía no desenvolvemento da técnica e filosofía corporal ‘Nhaka’. Aïda combina a súa profesión como creadora coa de pedagoga, impartindo talleres e masterclass en numerosos centros e universidades. Única artista de fala hispana en todo o mundo certificada para transmitir a técnica Acogny pola súa propia creadora, Germaine Acogny, e profesora titular de École deas Sabres de Senegal, primeiro centro profesional de danza do continente africano. En 2016 funda a plataforma Africa Moment, a través da cal promove a creación e as pedagoxías de artistas referentes do continente africano e a súa diáspora no territorio español e proporciona a súa asesoría artística para festivais, espazos escénicos e institucións culturais. Comisaria de 4 edicións do Encontro Internacional de Artes Escénicas Africa Moment en Barcelona, con numerosas estreas nacionais galardoados pola crítica, unha forte presenza feminina e un claro chamamento á reflexión en comunidade.

* Aïda Colmenero presentará, nesta mesma data, a proxección dunha selección de curtametraxes do proxecto She Poems / Ella Poema nun evento aberto a público xeral que se pode consultar aquí. A proxección estará seguida dun coloquio posterior. 

 


‘Abrir o círculo’ se propón como unha sorte de clube cultural, un grupo de estudo, un espazo para a celebración de encontros periódicos con artistas das artes performativas –ou que traballan o campo da performatividade–, que son convidadas a compartir un tempo dirixido ao intercambio de saberes con outras persoas interesadas ou dedicadas á creación (en calquera dos seus ámbitos) e/ou profesionais doutras disciplinas con intereses vencellados. Máis información do ciclo ‘Abrir o círculo’ aquí


 

Dirixido a: persoas interesadas nos procesos artísticos contemporáneos: artistas e traballadoras culturais, estudantes de artes, profesionais doutras disciplinas con intereses vencellados, ou persoas interesadas ou curiosas nas dinámicas de creación.

Inscricións: a asistencia é gratuita. O número máximo de participantes é de 15 persoas, con inscrición previa a través deste FORMULARIO

Espazo: Almacén, NORMAL 

Data e horario: Luns 28 de decembro, de 10.00 a 13.00 h

 


* Esta actividade conta co apoio da asociación Emprendo Danza a través do proxecto Emprendo en Red

Comparte isto nas túas redes sociais!

Go to Top