Abrir o círculø

‘Abrir o círculo’ se propón como unha sorte de clube cultural, un grupo de estudo, un espazo para a celebración de encontros periódicos con artistas das artes perfomativas –ou que traballan o campo da performatividade–, que son convidadas a compartir un tempo dirixido ao intercambio de saberes con outras persoas interesadas ou dedicadas á creación (en calquera dos seus ámbitos) e/ou profesionais doutras disciplinas con intereses vencellados.

Para cada encontro se convida a unha artista ou colectivo a compartir o seu lugar actual, o punto exacto no que se encontra: pode tratarse da súa investigación en marcha, a súa última creación, as lecturas do momento, o proxecto en fase de creación, a preparación dun evento… Trátase de abrir as prácticas, os cadernos, os ordenadores, os exercicios, as lecturas, as referencias,  as imaxes, os retazos… para compartilos co resto de asistentes, que son tamén chamadas a incidir, comentar, cuestionar, relacionar e abrir debate.  O obxectivo é que, entre todas, se logre ‘abrir o círculo’ das cuestións ou ideas expostas e compartidas por cada quen. E tamén xerar conexións, procurando ‘abrir o círculo’ de contactos entre a comunidade artística, cultural e intelectual, contactos cos que poñer en práctica dinámicas de aprendizaxe colectiva.

Cada encontro ‘Abrir o círculo’ ten unha duración de media xornada, en horario de mañá. Está conducido polo/a artista convidada (que expón o seu lugar actual, abrindo o proceso de investigación e/ou creación no que se encontre e compartindo as súas ferramentas e metodoloxías de traballo) e coordinado dende o equipo de “De corpos presentes”, dende o cal se propoñen vínculos e conexións con outras profesionais e co resto de asistentes. O máximo de asistentes será de 15 persoas, que deberán inscribirse previamente no formulario habilitado para cada encontro. Ainda que non é obrigatoria a inscripción no ciclo completo de encontros, sí animamos ás persoas interesadas a que acompañen todo o ciclo ou varias sesións.

*Na mesma data de cada encontro, celebrarase en horario de tarde unha presentación ou mostra aberta ao público do traballo da artista convidada. 


Dirixido a: persoas interesadas nos procesos artísticos contemporáneos: artistas e traballadoras culturais, estudantes de artes, profesionais doutras disciplinas con intereses vencellados, ou persoas interesadas ou curiosas nas dinámicas de creación. Inscricións: a asistencia é gratuita. O número máximo de participantes é de 15 persoas, con inscrición previa a través dos formularios individuais dispoñibles en cada sesión do ciclo. Espazo: Almacén, NORMAL 



Próximos eventos

  1. N+, de Masako Hattori

    diciembre 16 @ 7:00 pm - 8:00 pm
  2. CIAN, de Cris Vilariño

    diciembre 17 @ 8:00 am - 8:30 pm