‘O público está aquí’, por Sabela Mendoza

“Non coñezo este lugar, por iso regreso a miúdo.”



O público está aquí. Ensaio
Autora: Sabela Mendoza
Deseño e edición: Tono Mejuto
Corrección de textos: Lorena Paz López
Primeira edición: decembro 2018 (Estraperlo e De corpos presentes, A Coruña)


“A danza é o presente máis intenso que coñezo.”

O público está aquí. Función
Autora: Sabela Mendoza
Deseño e edición: Tono Mejuto
Corrección de textos: Lorena Paz López
Primeira edición: decembro 2018 (Estraperlo e De corpos presentes, A Coruña)

O público está aquí, deixaron de ser esas persoas para seren espectadoras. Son “o outro” para a escena, para a artista, ou son “as outras” para sí mesmas?. A súa función na obra, a función do público, é tamén esta representación.

O lugar do público é un espazo baleiro, unha función espazo-tempo neutralizada, unha bisagra onde se desdobran os sentidos. Pero o público cóntase en cifras, quéreselle  atraer e fidelizar, ten un día especial, é obxecto de estudios, estratexias e desexos, defínese a súa participación… e tamén se debuxa o espazo da súa experiencia: aquí. Máis alá de definir unha posición, trátase de desmontar identidades para xerar espazos de libertade que se relacionen co territorio do posible. De mirar co corpo, que distingue máis de dous lados. A intensidade se incorpora aí, nos corpos que significan a súa existencia, que non se supeditan a sí mesmos; se lle damos paso, o tiempo ponlle nome.